Redacción de la Semana de las Ciencias por Vanesa Rodríguez, Brais Vila, Raquel Alba y Sofía Pérez

Este ano 08/09 celebramos dende o 10 ó 14 novembro a IV edición da Semana das Ciencias. Cada curso fixo un experimento e unha actividade distinta.
Os alumnos de Infantil fixeron un experimento no comedor.
Os alumnos de Primaria fixeron distintos experimentos no laboratorio.
Os alumnos de ESO fixeron un experimento e baixaron aos ordenadores.
Nós, os alumnos de 1º da ESO, fixemos:
- Experimento dun volcán en erupción
- Webquest de Marie Curie

Os materiais que se necesitan para facer o volcán son:
· Un plafón
· Un bote
· Plastilina marrón e verde
· Area
Pasos a seguir:
1- Pór o bote nun anaco de plafón
2- Faise un volcán de plastilina
3- Decóralo
4- Botas unha cullerada de pementa, un pouco de vinagre e dúas culleradas de bicarbonato
5- Nuns segundos o volcán sae en erupción

Despois do experimento fixemos unha actividade en internet. Consistía nun xogo de contestar preguntas sobre Marie Curie. As gañadoras deste ano da Webquest de 1º da ESO foron:
- Judit Campos González
- Sofía Pérez Cameselle


1 comentario: